martes, 28 de octubre de 2008

Quintana pide que Astano poida construír buques civís

Anxo Quintana apuntou que, posto que para o presidente Zapatero a intervención pública é necesaria para apoiar a economía produtiva, segundo ten amosado co anuncio desta medida no caso do sector bancario, “é o momento de liberar o veto sobre Astano para que poda construír buques civís”. O vicepresidente da Xunta destacou que este levantamento por parte do Estado do veto que pesa sobre o estaleiro ferrolán “si que sería unha boa medida de apoio á promoción da economía produtiva de Galicia”.

http://www.xornal.com/article.php?sid=20081008181002&vote=5

Miércoles, 08 de octubre de 2008

No hay comentarios: